O acto académico en abordou o pasado mércores 16 de maio de 2018 en Lugo aspectos da gandería en México.
A xornada Galaico-Mexicana
organizada pola Academia de Ciencias Veterinarias en Galicia desenvolveuse pola
tarde no salón de actos da Deputación Provincial de Lugo, na que dous relatores
abordaron cuestións relativas á realidade pecuaria no país iberoamericano e
sobre os costos da detección de estros en vacún de leite.
O presidente da Academia de Ciencias Veterinarias
de Galicia, Antonio Crespo Iglesias, foi o encargado de inaugurar este foro
veterinario galaico-mexicano, a través do que se pretende favorecer o
coñecemento da realidade, das problemáticas e dos avances científicos
rexistrados no sector pecuario dun e doutro lado do Atlántico.
O profesor da Universidade Autónoma de
México e académico de número de Academia Veterinaria Mexicana Rafael Trueta
Santiago abriu a quenda de relatorios deste foro cunha intervención sobre os custos
da detección de estros en vacas leite en réxime intensivo.
De seguido, o tamén académico de número
e profesor da Universidade Autónoma de México Everardo González Padilla abordou
unha brillante exposición sobre “As actividades pecuarias en México: Situación
actual e perspectivas"
Como moderador da xornada participou o
académico de número José Luis Benedito Castellote, quen foi o artífice da
organización e anfitrión dos poñentes mexicanos.
O presidente da Deputación Provincial de
Lugo, Darío Campos Conde, foi o encargado de pechar a sesión académica
galaico-mexicana, que foi organizada en virtude do acordo de colaboración entre
o ente provincial lugués e a Academia de Ciencias Veterinarias de Galicia.