INUGURACIÓN DO CURSO ACADÉMICO 2019

Santiago a 9 de maio de 2019

No marco do salón de actos principal da Escola Galega de Administración Pública-EGAP en Santiago, foi celebrado o acto solemne de inauguración do curso 2019 da ACVG.


 

O presidente da ACVG, Antonio Crespo, deu a benvida os asistentes así como as grazas o Secretario Xeral de Universidades da Xunta de Galicia, D.José Alberto Díez de Castro en representación da Conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional Dna Carmen Pomar.




Seguidamente o Presidente da ACVG deu a palabra o Secretario Xeral da Academia para proceder a lectura da memoria da ACVG do ano 2018.

 

Castor Rivero, Vicepresidente da ACVG, foi o encargado da presentación do Profesor Vázquez  Varela, e a súa relación coa nosa profesión Veterinaria.

 
O ponente e Catedrático Xubilado da Universidade de Santiago de Compostela Doctor José Manuel Vázquez Varela, glosou durante una hora os diferentes aspectos da veterinaria popular antiga, os seus remedios, tratamentos, supersticións ou crenzas que curaban os animáis na antiguedade, así como as relacións entre a veterinaria galega de séculos anteriores con outra veterinaria de outros continentes alonxados de nós. 

 

Alba Rodríguez García, Veterinaria graduada na USC-Veterinaria Lugo no curso 2017/2018 foi a diplomada pola Academia de Ciencias Veterinarias de Galicia por acadar o mellor expediente académico.



Finalmente o Presidente cerrou a  sesión dando as grazas os asistentes, felicitando o ponente e rematou cun breve relato do curso 2018 e como afrontar o futuro da Academia de Ciencias Veterinarias de Galicia dirixido os asistentes académicos e público presente.

 

Ningún comentario: