Julio Feijóo Mera, novo ACADÉMICO CORRESPONDENTE


O pasado día 20 de decembro, no marco do Colexio Oficial de Veterinarios de Ourense, Julio Feijóo tomou posesión como novo académico correspondente da ACVG.


 O novo académico fixo o seu discurso de entrada sobre o gando vacún de carne de Galicia mediante a conferencia "O sector vacún de carne en Galicia dende a entrada de España na UE".


Unha conferencia sobre este sector tan importante na economía agraria galega, no que Julio Feijóo foi analizando datos dende o ano 1986 ata a actualidade sobre o peso social y económico do vacún de carne en Galicia.

Destacou a influencia da IXP Ternera Gallega, as campañas de saneamento gandeiro, as distintas axudas da PAC e a xestión dos libros xenealóxicos.

A resposta o novo académico foi a cargo de D. Miguel Fernández Rodríguez, académico de número-fundador da ACVG que loubóu os méritos tanto acádemicos como persoais do novo académico así como o seu amplo coñecemento do sector tanto gandeiro do que versou a súa ponencia, como do pesqueiro e de saúde pública.


Clausurou a sesión o presidente da ACVG, D. Antonio Crespo Iglesias, agradecéndolle o Colexio de Veterinarios de Ourense o través do seu Presidente, a súa implicación no desenvolvemento do acto, así como as autoridades presentes no acto.

 

Ningún comentario: