SESIÓN ACADÉMICA GALAICO-MEXICANA

O acto académico en abordou o pasado mércores 16 de maio de 2018 en Lugo aspectos da gandería en México

 












A xornada galaico-mexicana organizada pola Academia de Ciencias Veterinarias en Galicia desenvolveuse pola tarde no salón de actos da Deputación Provincial de Lugo, na que dous relatores abordaron cuestións relativas á realidade pecuaria no país iberoamericano e sobre os costos da detección de estros en vacún de leite.

O presidente da Academia de Ciencias Veterinarias de Galicia, Antonio Crespo Iglesias, foi o encargado de inaugurar este foro veterinario galaico-mexicano, a través do que se pretende favorecer o coñecemento da realidade, das problemáticas e dos avances científicos rexistrados no sector pecuario dun e doutro lado do Atlántico.

O profesor da Universidade Autónoma de México e académico de número de Academia Veterinaria Mexicana Rafael Trueta Santiago abriu a quenda de relatorios deste foro cunha intervención sobre os custos da detección de estros en vacas leite en réxime intensivo. 

De seguido, o tamén académico de número e profesor da Universidade Autónoma de México Everardo González Padilla abordou unha brillante exposición sobre “As actividades pecuarias en México: Situación actual e perspectivas"

Como moderador da xornada participou o académico de número José Luis Benedito Castellote, quen foi o artífice da organización e anfitrión dos poñentes mexicanos.












O presidente da Deputación Provincial de Lugo, Darío Campos Conde, foi o encargado de pechar a sesión académica galaico-mexicana, que foi organizada en virtude do acordo de colaboración entre o ente provincial lugués e a Academia de Ciencias Veterinarias de Galicia.