ACTIVIDADES DOS ACADÉMICOS


O pasado 10 de marzo de 2017, no Centro de Saúde de Burela (Lugo) foi impartida pola Académica Dna. Patrocinio Morrondo Pelayo unha conferencia co título "Importancia do vector transmisor da enfermidade de Lyme e a súa importancia epidemiolóxica", dirixida ao persoal sanitario da área de saúde é dicir, médicos, veterinarios, farmacéuticos e enfermeiros. Nela resaltouse a importancia que teñen as garrapatas, posto que logo dos dípteros, son o grupo máis importante como vector biolóxico, xa que poden ter unha incidencia moi negativa sobre a saúde dos animais e das persoas. As garrapatas transmiten un amplo grupo de virus, bacterias, protozoos, etc., nos que estes patógenos multiplícanse ou evolucionan antes de vehiculalos a un novo hospedador.

Froito da colaboración de veterinarios e médicos dos Hospitais Universitarios de Lugo e de Santiago, comprobouse que a borreliosis de Lyme é unha enfermidade emerxente en Galicia e en particular na provincia de Lugo. Esta colaboración plasmouse na codirección do académico D. Gonzalo Fernández e do catedrático de Medicina da USC, D. Manuel Castro, da Tese de Doutoramento de Dna. Esther Vázquez López, quen impartíu a segunda parte da conferencia.