MAURICIO ALONSO, Académico de Número

Mauricio Alonso Troncoso, tomou posesión como académico de número o pasado 15 de decembro

A sesión pública solemne tivo lugar o xoves, día 15 de decembro de 2016, ás 18 horas, no salón de actos do Pazo de San Roque (Santiago de Compostela).

Para a toma de posesión o novo Académico  de Número,  Mauricio Alonso Troncoso pronunciou o seu discurso de ingreso titulado: "Evolución humana e domesticación". Este discurso foi o resumo do traballo que entregou aos asistentes cunha extensión de 240 páxinas, no que acadou o de dar unha clara visión da evolución da especie humana e o impacto que lle supuxo a súa propia domesticación (auto-domesticación), así como na do resto das especies animais e vexetais. Concluíu coa necesidade crucial de manter a diversidade e a variabilidade xenética de todas as especies, incluído o Homo sapiens, vital para o desenvolvemento e evolución de todas elas favorecendo con iso a capacidade de adaptación aos cambios ambientais, dada a dramática relevancia do clima, ademais do momento crítico actual do quecemento global, coa imperiosa necesidade de preservar a natureza e a vida salvaxe, xa que niso radica o futuro da humanidade.
 
O discurso de contestación pronunciouno o Académico de Número D. Antonio Crespo Iglesias, quen previamente glosou os seus méritos académicos, profesionais e humanos do novo Académico de Número, quen destacou de xeito especial que Alonso Troncoso foi o piar fundamental no que se basou a recuperación das razas caninas autóctonas de Galicia (Can de Palleiro, Podengo Galego, Guicho ou Quisquelo e Perdigueiro Galego).
 


A sesión académica rematou coa clausura do Presidente da Academia,  D. José Luis Factor Rodríguez quenagradeceu a presenza de autoridades, académicos, colegas e público en xeral.