SESIÓN ACADÉMICA EN SANTIAGO

O Dr. D. Fernando Ponte disertou sobre Marcelino Ramírez García
 
O pasado xoves 20 de outubro de 2016, tivo lugar na Residencia Militar de Estudiantes TG Barroso en Santiago de Compostela, unha sesión académica organizada por esta Academia  na que foi impartida unha conferencia maxistral polo , Dr. D. Fernando Ponte Hernando, médico pediatra e profesor de Historia da Medicina, que disertou sobre "El Dr. D. Marcelino Ramírez García, (1864-1940), Veterinario militar y Médico”, na que fixo un relato exhaustivo sobre a vida do insigne veterinario militar D. Marcelino Ramírez García,  que entre outros aspectos foi un grande colaborador de Rof Codina na loita antituberculosa en Galicia.
Ao acto asistiron autoridades civiles e militares, así como numeroso público que valorou que Academia contribua a rescatar da memoria o labor de destacados profesionais.
O Presidente da Academia agradeceu ao Dr. Ponte, á dirección da Residencia TG Barroso, Coronel José A. Eiriz Picos, polas sus atencións e aos Académicos que asistíron.