CARLOS FRANCO, Académico de Número

Carlos Manuel Franco Abuín, tomou posesión como académico de número o pasado 14 de xuño

A solemne sesión pública tivo lugar o martes, día 14 de xuño de 2016, ás 18 horas, no salón de actos do Pazo de San Roque (Santiago de Compostela).

Con motivo da toma de posesión de Académico  de Número,  o Profesor Franco Abuín pronunciou o seu discurso de ingreso titulado: "Un alegato en defensa do consumo de carne e alimentos de orixe animal", no que clarificou de xeito maxistral como a corrente en contra de alimentos de orixe animal non ten fundamentos contrastados de tipo biolóxico e nutricional, e a especie humana ten podido sobrevivir gracias ao consumo de alimentos de orixe anima, que cara o futuro tenderán a ser máis saudables.
 


O discurso de contestación pronunciouno o Académico de número D. Pablo Díez Baños, quen previamente glosou os seus méritos académicos, profesionais e humanos do novo académico ingresado.

Rematou a sesión coa clausura do Vicepresidente da Academia,  D. Cástor Rivero Martínez quen finalmente agradeceu a presenza de autoridades, académicos, colegas e público en xeral.

Ningún comentario: