Reunión co Conselleiro de Cultura, D. Román Rodríguez

Presentouse o proxecto do Diccionario Terminolóxico das Ciencias Veterinarias

O pasado 14 de decembro de 2015, unha comisión da Academia, presidida polo seu Presidente José Luis Factor en compaña de Pilar Bermejo e Miguel Fernández, foi recibida polo Sr. Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, D. Román Rodríguez.

O motivo da xuntanza foi a de buscar a colaboración da Xunta de Galicia para a publicación da primeira edición do Diccionario Terminolóxico das Ciencias Veterinarias, obra  xa finalizada despois de case sete anos de traballo de gran parte dos académicos.

O conselleiro amosou o seu interese por esta obra, inédita na Veterinaria española e feita en galego, e boa disposición para a colaboración na súa publicación e no seu acceso á consulta electrónica.

Ningún comentario: