Antón Ocampo, ACADÉMICO CORRESPONDENTE

Antón Ocampo Cardalda ingresou na Academia o pasado 26 de novembro

A Sesión solemne de toma de posesión do novo académico correspondente, tivo lugar en Santiago de Compostela, no salón de actos do Pazo de  San Roque, na tarde do xoves 26 de novembro de 2015.

Ocampo Cardalda pronunciou o seu discurso de ingreso co título: “A linguaxe dos animais. Unha interpretación de Temple Grandin", que resultou unha clase maxistral sobre a materia.

No transcurso da sesión, tomou a palabra o Académico de Número D. Antonio Crespo Iglesias para dar resposta ao discurso do académico entrante, de quen  tamén fixo un prolixo relato dos seus méritos académicos, profesionais no eido da sanidade animal na comarca do Deza e tamén do seu perfil humano.

Rematou a sesión coa clausura do Presidente da Academia,  D. José Luis Factor Rodríguez quen finalmente agradeceu a presenza de autoridades, académicos, colegas e público en xeral.







Na imaxe (de LVG), Ocampo no centro con Factor e Crespo.

Ningún comentario: