PARTICIPACIÓN NA FORMACIÓN DE CORPOS E FORZAS DE SEGURIDADE DE GALICIA

Froito da colaboración formalizada coa Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP)
 
A Academia de Ciencias Veterinarias de Galicia participou na formación de profesionais da seguridade de Galicia, coa impartición de clases en diferentes temáticas: policía sanitaria e bioseguridade en explotacións, a lexislación sobre animais perigrosos e en cautividade, aspectos sanitarios e de benestar animal nas matanzas domiciliarias, lei de caza, recuperación e conservación de recursos xenéticos animais, funcións ecompetencias dos veterinarios oficiais, etc.
As actividades foron desenvolvidas o pasado mes de outubro de 2015, na Estrada (Pontevedra) donde ten a súa sede a AGASP, coa participación dos Académicos de Número José Luis Vérez Fraguela, José Luis Factor Rodríguez e Castor Rivero Martínez, e os Académicos Correspondentes Gonzalo Fernández Rodríguez, Juan José Gómez Fernández e Antón Ocampo Cardalda.
Para os axentes da seguridade pública de Galicia, con esta participación  da Academia de Ciencias Veterinarias de Galicia, quedou ben patente a importancia e o papel dos veterinarios na sociedade.

Ningún comentario: