Rodrigo Muiño, ACADÉMICO CORRESPONDENTE


O pasado día 2 de Outubro de 2015, ás 18 horas, na Sala de Xuntas da Facultade de Veterinaria de Lugo tivo lugar a solemne sesión pública con motivo da toma de posesión do Académico Correspondente  D. Rodrigo Muiño Otero, quen pronunciou o seu discurso de ingreso co título: “Identificación de subpoblacións espermáticas en bovino: predicción da fertilidade” O discurso de contestación foi pronunciado polo Académico de número, D. José Luis Benedito Castelliote.

Ningún comentario: