CENTENARIO DO EDIFICIO DA ESCOLA DE VETERINARIA DE SANTIAGO

Co gallo do centenario da inauguración do edificio da Antiga Escola de Veterinaria de Santiago (actual Parlamento de Galicia), esta Academia organizou un acto conmemorativo o pasado día 25 de setembro de 2015 co seguinte programa:

16:00.- Visita guiada ao Parlamento de Galicia.


Coa recepción por parte do Vicepresidente do Parlamento D. Miguel Santalices, quen como profesional da medicina humana recordou a importancia da profesión veterinaria sobre todo no eido da saúde pública na que el ten exercido, e suliñou un feito concreto do que el foi testemuña como foi o pael destacado dos veterinarios de saúde pública de Ourense na epidemioloxía do sindrome tóxico polo aceite de colza desnaturalizado.


17:30.- Sesión Académica Solemne de conmemoración do centenario da Escola Veterinaria de Galicia,  no Instituto Rosalía de Castro (Primeira sede da Escola de Veterinaria de Santiago) cos seguintes contidos:
- Inauguración polo Sr. Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, D. Román Rodríguez.
Na súa intervención salientou o avance da Veterinaria nos últimos 30 anos desde a creación da súa Facultade na cidade de Lugo, o único centro do campus lucense que conta con homologación europea, o que aumenta o seu prestixio fóra de Galicia e a converte no centro universitario con maior porcentaxe de alumnado procedente de fóra da nosa comunidade.


- Charla do Académico Dr. D.Alberto Portela: "Hace 100 años: 1915 Inauguración do edificio como Escola de Veterinaria (1882-1924). Na maxistral intervención o Dr. Portela aportou múltiples datos históricos dos avatares do edificio, do alumnado, do profesorado e da sociedade compostelá e galega da época.









- Proxección de películas antigas a cargo de Fernando Camarero (País Vasco): As oríxes da Veterinaria en Galicia. O Dr. Camarero nunha excepcional montaxe realizada por el mismo, aportou documentos cinematográficos inéditos do primeiro tercio do século XX rodados no rural de Galicia e que son de grande interese veterinario e etnográfico.

- Charla do Académico da Academia de Ciencias Veterinarias de Castilla y León, Dr. D. José ManueMartínez: Reflexións históricas sobre a alimentación. O profesoremérito da Universidade de León fixo un interesante percorrido da historia da alimentación en España a partir da revisión de diferentes fontes escritas e da literatura española.









Acto de Clausura: Presidido polo presidente da Academia de Ciencias Veterinarias de Galicia, José Luis Factor, acompañado polo secretario da  Academia de Ciencias Veterinarias de Castela e  León, Francisco Antonio Rojo Vázquez, e pola Académica coorganizadora Pilar Bermejo.

Ningún comentario: