ENCONTRO COA ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE PÚBLICA


A Academia de Ciencias Veterinarias de Galicia e a Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) colaborarán na formación da Policía Autonómica.

O presidente da Academia de Ciencias Veterinarias de Galicia, José Luis Factor Rodríguez e o director da AGASP, Luis Menor, reuníronse o pasado 2 de xuño de 2015 na Estrada (Pontevedra) para abordar a colaboración entre ambas entidades.

As dúas academias colaborarán na formación de axentes da Policía Autonómica en asuntos relacionados coa seguridade alimentaria, a sanidade animal e o medio ambiente. Na xuntanza tamén participou o Académico Ricardo Vecillas Rojo.

Ningún comentario: