RICARDO IGNACIO VECILLAS ROJO, NOVO ACADÉMICO DE NÚMERO

Ricardo Ignacio Vecillas Rojo, tomou posesión como Académico de Número o pasado 28 de novembro.

 

 



A sesión pública solemne tivo lugar o mércores, día 28 de novembro de 2018, ás 18 horas, no salón de actos do Colexio Oficial de Veterinarios de Ourense, contando con numerosa afluencia de público  e autoridades.





Para a toma de posesión o novo Académico  de Número,  Ricardo Ignacio Vecillas Rojo pronunciou o seu discurso de ingreso titulado: "Os alérxenos na restauración colectiva".









O discurso foi unha excelente disertación sobre a lexislación vixente en Saúde Pública nun tema tan visible na sociedade e sobor de todo na restauración colectiva, onde o recipendiario incideu con máis énfase. O análise dos distintos alérxenos, a súa prevención ou alerta da súa presenza relacionado cos consumidores e clientes de restauración colectiva foi desgranado e seguido con interese polo numeroso público congregado no Colexio Oficial.








O discurso de réplica foi a cargo do Académico de Número-Promotor Ilmo Sr. José Luis Benedito Castellote, quen previamente glosóu os seus méritos académicos, profesionáis e humanos do novo Académico de Número, de quen destacou de xeito especial o seu traballo no eido da Saúde Pública tanto local como a nivel nacional.






A sesión académica rematou coa clausura do Presidente da Academia, D. Antonio Crespo Iglesias  quen agradeceu a presenza de autoridades, académicos, colegas e público en xeral.